O FMI pide máis unha reforma laboral que abarate despedimentos e rebaixe salarios

O FMI pide máis unha reforma laboral que abarate despedimentos e rebaixe salarios
Christine Lagarde
Christine Lagarde  G20 Mexico

As conclusións da misión do FMI que estivo no Estado español pide reducir custos laborais, aplaude a rebaixa nas pensións e recomenda subir impostos


Os 'Homes de negro' que viñeron ao Estado español no marco da misión do Fondo Monetario Internacional (FMI) presentaron as conclusións da súa visita. Conclusións nas que se avoga por reformas fiscais, laborais e de pensións. Mais, sobre todo, o Fondo o que pide é máis unha reforma laboral que aprofunde aínda máis no abaratamento dos despedimentos e na rebaixa de salarios.

O Fondo indica que en troques dun “compromiso dos empresarios de xerar emprego” os sindicatos apoien “ unha significativa moderación salarial”

Se ben o FMI aplaude a reforma impulsada polo goberno español polo que supón de 'flexibilización' do mercado, considera que hai que ir máis alá. E faino, aliás, sinalando que non se poden soportar as actuais taxas de desemprego. Os datos da EPA mostran que desde a aplicación da reforma laboral do PP no Estado español destruíronse máis de 800.000 empregos. O Fondo indica que en troques dun “compromiso dos empresarios de xerar emprego” os sindicatos apoien “ unha significativa moderación salarial”.

Novo rescate?

O documento tamén e partidario de que se manteña aberta a posibilidade dun rescate en todas as condicións polo Banco Central Europeo. Coas consecuencias que iso tería.debe ampliar a base dalgúns impostos indirectos,

O FMI entende, tamén, que se debe ampliar a base dalgúns impostos indirectos e seguir co recorte do déficit mais a un ritmo máis pausado para evitar un colapso.