O Supremo considera abusivas as cláusulas-solo e abre a porta anular esta cortapisa que afecta a 200.000 [email protected]

O Supremo considera abusivas as cláusulas-solo e abre a porta anular esta cortapisa que afecta a 200.000 [email protected]

Ese tope mínimo nos créditos hipotecarios foi considerado “abusivo” polo TS. Novagalicia Banco estuda se anular os 90.000 préstamos que teñen esa condicionante


Non todo son malas novas. O Tribunal Supremo vén de considerar nun auto as cláusulas-solo como abusivas. O que implica que as entidades financeiras van ter que ir eliminando eses límites mínimos que se fixaban nas hipotecas a tipo variábel.

De feito, o BBVA xa anunciou que eliminará esa condición de 425.000 préstamos. Novagalicia Banco limitouse a anunciar que vai estudar o que facer. Tería por volta de 90.000 hipotecas nesta situación. Calcúlase que en Galiza hai sobre 200.000 hipotecas deste tipo.

Corta-pisa

As clásulas-solo son los topes aplicados aos xuros hipotecarios para evitar que se reduzan chegado un límite incluso aínda que baixe o euríbor.O aforro para as familias que teñen este tipo de produto, de retirarse esa cláusula, podería ser dun aforro medio a mes de entre 80 e 85 euros.