A OIT advirte que as políticas de 'austeridade' crearán 13 millóns de [email protected] [email protected] en catro anos
Consulta nunha oficina de emprego
Consulta nunha oficina de emprego  

Un informe da Organización Internacional do Traballo sinala que as medidas que se basean no 'austericidio' continúan a destruír emprego.


A OIT (Organización Internacional de Traballo) vén de publicar o seu informe anual sobre a situación do emprego no mundo. Un estudo titulado 'Tendencias mundiais do emprego 2014. Cara unha recuperación sen creación de empregos?' e que contén dados pouco proclives á esperanza. En 2013 o número de persoas desempregadas aumentou en cinco millóns.

É máis, de seguir as políticas de 'austeridade' os responsábeis deste informe calculan que aéa 2018 o número de desempregados aumentará en 13 millóns de persoas. Unha mostra, indican, de que se está a percorrer un camiño equivocado.

Na actualidade hai no desemprego por volta de 202 millóns de persoas. Desde que a crise estoupou, en 2008, máis de 23 millóns de traballadores ficaron fóra do mercado laboral “por desánimo e por levar moito tempo no desemprego”. Segundo os autores, tampouco la mocidade atopa unha oportunidade: por volta de 74,5 millóns de [email protected] non tieñen emprego.

Perante esta situación, a OIT denuncia o escaso investimento en políticas de emprego e avoga por cambios nas políticas macroeconómicas que favorezan a criación de emprego. Tamén reclama "destinar máis recursos ás políticas sociais e ao mercado de traballo".