Ourense e Lugo lideran as pensións máis baixas do Estado: non chegan a 800 euros

Ourense e Lugo lideran as pensións máis baixas do Estado: non chegan a 800 euros

A pensión media galega está 150 euros por baixo da española.


A pensión media en Galiza, que comprende a de xubilación, viuvez, orfandade, incapacidade permanente e a favor de familiares, ascendeu 5,9% en Galiza en febreiro en taxa interanual e situouse en case 835 euros. Unha cifra inferior en 150 euros á media española, que é de 985 euros mensuais.

Ourense e Lugo son as dúas provincias do Estado español coas pensións medias máis baixas. Non chegan a 800 euros: 721 de media en Ourense e 743 en Lugo. Só a andaluza Almería fica tamén por baixo deses 800 euros, se ben cunha cantidade superior ás dúas galegas (797 euros).

En canto á pensión por xubilación, a media no Estado é de 1.131 euros. Só Ourense se mantén aquí tamén por baixo dos 800 euros: 788 euros mensuais. Lonxe dos 1.400 euros de Bizkaia e Araba ou dos máis de 1.300 de Asturies, Gipuzkoa ou Madrid.