O paro rexistrado en Galiza aumentou en setembro a maior ritmo que no Estado

O paro rexistrado en Galiza aumentou en setembro a maior ritmo que no Estado

Perdemos ese mes 6.500 afiliacións á Seguridade Social mentres no Estado aumentaban en case 23.000.


O paro rexistrado no mes de setembro en Galiza sitúase en 166.320 persoas, o que supón que hai 1.396 desempregadas máis que no mes anterior, un incremento de 1,5%, o duplo que o experimentado no conxunto do Estado, que foi nese mes de 0,64%.

Porén, e na comparativa interanual, o noso país sae mellor parado, pois o número de persoas rexistradas nas oficinas de desemprego descenderon desde setembro de 29017 até agora en máis de 9%, mentres que no Estado foi de 6%.

A respecto da afiliación á Seguridade Social, no Estado aumentou en setembro mentres en Galiza baixou. Perdemos 6.500 afiliados mentr5es que no conxunto do Estado español aumentou en case 23.000.

Un último indicador: o número de contratos, que en Galiza foi de 96.800, dos cales case 87.000 son temporais, afondando así nun vector que se está a converter en estrutural no mercado laboral galego: o da temporalidade.