A patronal confirma que hai un empresario galego interesado nas factorías de Alcoa

A patronal confirma que hai un empresario galego interesado nas factorías de Alcoa

A ministra recoñeceu a inicios de mes o interese de fondos de investimento polas plantas da Coruña e Avilés. Agora, Antonio Fontenla ,portavoz da Confederación de Empresarios de Galiza, afirma que un empresario galego ratificoulle recentemente en Madrid o seu interese polas factorías.


O presidente da Confederación de Empresarios na Coruña e portavoz da patronal en Galiza (CEG), Antonio Fontenla, asegurou nunha entrevista na Radio Galega que ten constancia de que "un empresario galego" ten interese en comprar as instalacións de Alcoa na Coruña e Avilés. Agora, dixo, haberá que agardar a ver se Alcoa quer finalmente vender, pois supón que terá un competidor máis no mercado e coas súas antiguas instalacións.


A principios de mes, a ministra de Industria, Reyes Maroto, trasladou nunha xuntanza na Coruña a sindicatos e representantes dos gobernos galego e asturiano que había varias ofertas sobre a mesa. Ofertas de investidores industriais e de fondos de investimento, algunha delas xa realizada no seu día á propia Alcoa e que esta rexeitou.


A ministra tamén anunciou que en menos dun mes a mesa de seguimento de Alcoa comezará a traballar e nela levaranse xa aqueles proxectos e propostas que se consideren máis solventes .


Na entrevista na Radio Galega, Fontenla tanén recoñeceu que se esá a dar un "desmantelamento" da industria en Galiza que ten altos custos de electricidade, indicando que a enerxía ten no Estado un alto custo, "moito máis cara que noutros países, como Canadá ou Australia".