A patronal de Lugo ameaza os gandeiros con medidas se non finalizan a tractorada

A patronal de Lugo ameaza os gandeiros con medidas se non finalizan a tractorada

Afirma que este protesto afecta á orde pública e seguridade cidadán.


O secretario xeral da Confederación de empresarios de Lugo (CEL).Jaime López, confirmou que esta sexta feira expira o prazo dado aos gandeiros de Agromuralla que rodean con tractores a muralla de Lugo para que poñan fin a este protesto. De non facelo ou de non obter resposta, advirte, a patronal poría a traballar os seus servizos xurídicos para "estudar as vías de cara a, fundamentalmente, subdelegación do Goberno español para ver se isto pode mantenerse indefinidamente". Argumenta que esta tractorada provoca prexuízos económicos aos comerciantes do centro.

López sinala que "o caos” na circulación “pode levar a falta de seguridade, con algún sinistro ou o feito de trasladar a un doente ou un incendio que impida que os camións de bombeiros podan circular con normalidade". Situacións que afectan, sostén á “orde pública e á seguridade cidadá”.

Por outra parte, desde a Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo, non se descarta que os produtores recorren aos tribunais se hai incumprimentos por parte da industria. Entenden que se está a acometer, nos casos nos que a industria non repercuta no produtor ese alza do rpezo aceptado pola distribución, “unha apropiación indebida”.