Pemex abandona Repsol e podería reconsiderar a construción dos floteis

Pemex abandona Repsol e podería reconsiderar a construción dos floteis
Corte chapa flotel
Corte chapa flotel  

Segundo ‘El Confidencial’ na Xunta hai nervos ante a posibilidade de que a paraestatal recúe ao non ter contrapartida por facer os barcos en asteleiros galegos.


A construción dos floteis en Galiza, unha das grandes bazas de Núñez Feijóo, poderían ficar na imaxe propagandística do corte de chapa e máis nada. É do que advirte El Confidencial a raíz do ‘portazo’ de México en Repsol, que, din, “pono no aire” a construción deses floteis.

Este diario dixital lembra que en 2012 Mariano Rajoy protagonizou no Parador de Pontevedra un pacto verbal polo que se comprometía a facilitar a Pemex un papel máis relevante en Repsol. A paraestatal mexicana é o accionista máis antiguo e máis leal de Repsol. En troques, Pemex encarregaría a estaleiros galegos a construción dunha serie de buques.

Mais ese acordo verbal acaba en auga mollada e Pemex vende a inmensa maioría das súas accións en Repsol. A petroleira mexicana si encargou os barcos a factorías galegas. Mais desde o goberno non se cumpríu coa súa parte, segundo El Confidencial.

Feijóo, nervoso

Os nervos na Xunta estarían en topes máximos, indica este diario, porque a renuncia de Pemex en Repsol podería acabar nun recúe nos 2 floteis. Feijóo estivo naquela xuntanza de 2012 no Parador de Pontevedra.

Se ben o corte de chapa é o inicio da construción deses buques, no goberno galego cren que Pemex pode argumentar que nin Barreras nin Navantia ()os estaleiros onde se van facer os buques) poden reunir os avais bancarios necesarios para executar eses encargos. Algo que se especificaba nos contratos: ou había garantías de solvencia ou non había barcos.