Pemex formaliza a compra do 51% de Barreras coa vista posta no naval mexicano

Pemex formaliza a compra do 51% de Barreras coa vista posta no naval mexicano
pemex
pemex  

O convenio procura ''desenvolver capacidades para construír buques en México''. O investimento da para-estatal e accionistas sitúase nuns 10 millóns de euros. Barreras, un histórico do sector galego, pasa ser mexicana.


Pemex formalizou a adquisición do 51% das accións do estaleiro vigués Barreras, unha operación realizada pola filial PMI e na que o desembolso da paraestatal podería estar perto dos 10 millóns de euros.

Hijos de Barreras está a saír dun proceso de reestruturación da débeda, polo que esta achega de capital é moi importante. Segundo Pemex, con este acordo procúrase reactivar a industrai naval “en España” e permitir dese xeito “desenvolver as capacidades no mediano prazo para a construción de buques especializados en México”.

Desde Pemex destacan a importancia deste acordo polo que vai supoñer de creación de emprego en México e polo impulso ao sector navieiro mexicano.

Pola súa banda, desde om comité de empresa de Barreras consideran positiva a adquisición por Pemex polo que supón de contratos e carga de traballo.