Pemex volve adiar, e van 4 veces, a adxudicación dos floteis prometidos por Feijóo hai un ano

Pemex volve adiar, e van 4 veces, a adxudicación dos floteis prometidos por Feijóo hai un ano
Estaleiro de Barreras en Vigo
Estaleiro de Barreras en Vigo  SG

Navantia e Barreras compiten con outras dez opcións para se facer con estes dous buques. A adxudicación podería non se producir até entrado 2014.


Unha máis. E van catro. Adiamento tras adiamento. Pemex tiña previsto abrir as propostas esta semana para adxudicar os 2 floteis cuxos contratos de construción Feijóo daba por feitos para estaleiros galegos na pre-campaña electoral de 2012. Mais esa adxudicación semella que terá que esperar. De feito, e para a vindeira terza feira, Pemex anuncia unha xuntanza na que se reelaborará o calendario (“reprogramación de eventos”) para posibelmente fixar novas datas. Todo apunta a que estes dous buques non serán adxudicados até que xa estea estreado o 2014.

Navantia e Barreas compiten con outras 10 propostas para se facer con estes contratos. Núñez Feijóo, lembremos, dera por seguro que estes dous estaleiros galegos ían ser os que levasen eses buques. Unha opción cuxa seguridade vaise esvaíndo co aso do tempo.

O propio Feijóo afirmaba hai uns días que de non se producir finalmente esa adxudicación, el mesmo tería que dar explicacións. Quizás sexa hora de que o presidente de Galiza cumpra co 'meu dito, meu feito'.