Persoal de Alcoa lembra á ministra Valerio que a posibilidade de intervir unha empresa está “na Constitución”

Persoal de Alcoa lembra á ministra Valerio que a posibilidade de intervir unha empresa está “na Constitución”

Magdaleno Valerio desbotou este domingo intervir Alcoa afirmando que “non estamos nun réxime comunista”. O cadro de persoal apelou en máis dunha ocasión ao artigo 182 da CE. para pedir que o Estado tome medidas.


A ministra de Traballo, Magdalena Valerio, desbotou este domingo en Galiza que o estado intervise en Alcoa, unha medida que rexeitou de plano argumentando que “non estamos nunha economía estatalizada, como intervir a empresa, non estamos nun réxime comunista”.

Ao longo destas semanas, desde que se coñeceu a intención de Alcoa de fechar as plantas da Coruña e Avilés, desde diferentes sectores instouse ao Estado a valorar a baza de intervir. Desde BNG e EN Marea apontaron a que a SEPI )Sociedade estatal de participacións industriais) se faga cargo e desde o cadro de persoal lembraron que a constitución española contemplaba ferramentas a valorar.

Así, sinalaban o artigo 182.2: “Recoñécese a iniciativa pública na actividade económica. Mediante lei poderase reservar ao sector público recursos ou servizos esenciais, especialmente en caso de monopolio e aliás acordar a intervención de empresas cando o suxira o interese xeral”. Para o comité de empresa da Coruña, o aluminio é un sector estratéxico.

O que si aceptou a ministra de Traballo foi “estudar en profundidade” o expediente de regulación de emprego (ERE) extintivo presentado pola empresa.



x