O PP veta no Parlamento unha declaración institucional a favor do indulto aos dous sindicalistas de Vigo

O PP veta no Parlamento unha declaración institucional a favor do indulto aos dous sindicalistas de Vigo
Imaxe da mobilización en Vigo polo indulto [Arquivo SG]
Imaxe da mobilización en Vigo polo indulto [Arquivo SG]  

Serafín Rodríguez (CIG) e Carlos Rivas (UGT) foron condenados a tres anos de cárcere por un piquete informativo na folga do transporte de 2008. BNG, AGE e PSdG-PSOE defenderon a petición dun indulto que @s [email protected] se negaron a apoiar.



O PP voltou facelo. Coa súa maioría absoluta impuxo o veto no Parlamento galego a unha petición de indulto para os sindicalistas Serafín Rodríguez (CIG) e Carlos Rivas (UGT), condenados a tres anos de prisión por participaren nun piquete informativo durante a folga do transporte de 2008. A declaracións institucional contaría co visto e prace de tres dos catro grupos da oposición --Carmen Iglesias, deputada do Grupo Mixto, non tiña aínda posibilidade de intervir neste pleno--, mais non se vai redactar porque as bancadas do PP así o estabeleceron.

As deputadas Carme Adán (BNG), Consuelo Martínez (AGE) e Carmen Gallego (PSdG), cualificaron de "inhumana" a actitude manifestada pola formación conservadora ao non aceptar nen sequera un texto "de mínimos" e deixar os traballadores "sen un apoio", sinalou Adán en declaracións aos medios de comunicación, enfatizando o "estupor" que causou a actitude do PP na formación frontista, actitude que cualificou tamén de "antidemocrática".

Coa súa maioría absoluta, o PP impuxo o veto no Parlamento galego a unha petición de indulto para os sindicalistas Serafín Rodríguez (CIG) e Carlos Rivas (UGT)

Pola súa banda, Consuelo Martínez dixo que a negativa [email protected] [email protected] evidencia "a cara máis fascista e máis dura" e subliñou que "como mínimo deberían pedir o indulto para dous traballadores galegos que o único delito que cometeron foi defender o seu salario e condicións dignas". Martínez comparou os vetos do PP a golpe de maioría absoluta "cunha ditadura, neste caso parlamentaria". 

Por derradeiro, Carmen Gallego recordou que Rodríguez e Rivas foron condenados "inxustamente" e que terán que entrar no cárcere, pois a pena imposta supera os dous anos de duración. Apuntou que [email protected] sindicalistas que fixeron parte do mesmo piquete foron [email protected], mais ficaron [email protected], e lamentou que o PP "non teña algo de corazón" para apoiar a petición de indulto perante o Goberno español.