O presidente da patronal española pide limitar as prestacións por desemprego "á supervivencia"


O presidente da patronal española pide limitar as prestacións por desemprego "á supervivencia"

Joan Rosell insta nunha entrevista concedida a Onda Cero a restar "privilexios" aos contratos indefinidos, camiñar cara un mercado laboral "onde non haxa diferenzas entre indefinidos e temporais" e suprimir os distintos modelos de contrato

 

A piques de se dar a coñecer --o vindeiro mes de outubro-- o contido da nova reforma laboral que prevé aprobar o goberno español, o líder da CEOE, Joan Rosell, asegura nunha entrevista en Onda Cero que a patronal advoga por reducir as prestacións por desemprego ao mínimo para "garantir a supervivencia". 

Rosell pide a supresión dos "privilexios" nos contratos indefinidos e unha maior "flexibilidade" laboral na contratación da mocidade

Aliás, Rosell instou ao Ministerio de Fátima Báñez introducir modificacións nos contratos cara á supresión de "privilexios" @s traballadoras e traballadores [email protected] Para o presidente da patronal española o mercado laboral debe procurar "unha situación plana" onde "non haxa diferenzas entre indefinidos e temporais".

Rosell recoñece que o 90% dos contratos asinados nos últimos anos son de carácter temporal "e gracias", apuntillou. Asemade, aclara que as últimas reformas aprobadas polo goberno do Partido Popular xa camiñan cara á esta realidade que considera "un éxito". 

O líder da Confederación de Empresarios apostou por iniciar un proceso de proba no que se desenvolvan unicamente 4 ou 5 tipos de contrato e no que se flexibilicen aínda máis as condicións laborais.