O prezo do gasóleo agrícola subiu "catro veces máis que" o petróleo

O prezo do gasóleo agrícola subiu "catro veces máis que" o petróleo

A Federación Rural Galega (Fruga) denunciou que entre os meses de xullo e outubro houbo "un aumento considerábel dos prezos do gasóleo agrícola", que foi "catro veces superior" que a suba do petróleo. O prezo do cru aumentou de media en 11%, mentres que o gasóleo agrícola pasou de 0,679 euros por litro a 0,961 euros, 41,5% máis. "Encher un deposito de gasóleo dun tractor supón un incremento de 85 euros de media”, alertan. "Neste curto período de tempo, o gasóleo agrícola alcanza prezos similares aos de 2011, que foron os máis altos da historia. ", afirma a Fruga.

A federación destaca que este aumento "coincide co anuncio do Goberno de aumentar os impostos dos combustibles diésel", que nestes momentos "roldan o 25% do total", o que, "xunto aos baixos prezos dos produtos" galegos, "contribúe ao peche das explotacións agrogandeiras e á desertización do rural".

A organización agraria demanda ao goberno galgo unha tarifa eléctrica galega que beneficie ás explotacións agroganderiras galegas, e ao goberno español a revisión da fiscalidade dos combustíbeis agrícolas, "establecendo un tipo cero no Imposto Especial de Hidrocarburos por un lado, e rebaixando o IVA a tipo reducido, asunto este que permite a Unión Europea".



x