Os prezos do leite máis baixos do Estado e o maior número de feche de explotacións

Os prezos do leite máis baixos do Estado e o maior número de feche de explotacións

Nun ano fecharon máis de 400 granxas galegas.


Os datos de entregas de leite do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) indican que a produción de leite baixou no Estado mentres aumentan en Galiza, onde se entregaron á industria 3,05% máis que no mesmo período de 2017.

Porén, continúan a fechar explotación leiteiras no noso país. Entre novembro de 2017 e o pasado mes de novembro desapareceron 422 granxas. Polo que respecta ao prezo medio, no conxunto do estado foi de 0,333 euros o litro, o que supón un incremento respecto aos 0,325 euros o litro de outubro. Sen embargo, é lixeiramente inferior aos 0,335 euros o litro de novembro de 2017.

En Galiza, os prezos medios en novembro foron de 0,319 euros o litro, fronte aos 0,314 de outubro, e por tanto cunha suba mensual menor que a media española. En canto ao dato interanual, en novembro de 2017 o prezo medio do leite en Galiza era de 0,32 euros o litro.



x