Editorial Sermos324: Quen gaña coa política fiscal de Feixoo?

Editorial Sermos324: Quen gaña coa política fiscal de Feixoo?
Valeriano Martínez, conselleiro de Facenda, na súa toma de posesión.
Valeriano Martínez, conselleiro de Facenda, na súa toma de posesión.  

As políticas tributarias nunca son neutras. Na súa aplicación na sociedade xeran beneficios e perdas, sectores da poboación gañadores e perdedores. Como mostra con clareza a reportaxe que publicamos neste Sermos324, os últimos desenvolvimentos da política fiscal de Feixoo benefician nomeadamente a minoría privilexiada, as capas con máis renda, en detrimento daquelas con menos recursos, isto é, das grandes maiorías sociais.

E non falamos aquí de abstraccións. Falamos de realidades materiais. Se vostede ten un patrimonio superior aos 10 millóns de euros aforrará co Goberno Feixoo por volta de 40 mil euros. Se os seus bens ascenden a 160 mil euros o aforro apenas chegará a 60. Está claro quen gaña con este goberno.


Os últimos regalos fiscais de Feixoo son socialmente inxustos e nacionalmente irresponsábeis porque detraerán das arcas galegas por volta de 20 millóns de euros. Menos diñeiro para financiar os servizos públicos e para facer da Xunta un motor da actividade económica dun país que aínda ten por volta de 150 mil persoas no paro. Isto é especialmente preocupante se temos en conta que a Galiza xa está sub-financiada e coa súa facenda en boa parte intervida desde Madrid, sen que o asunto estea na axenda de prioridades de Monte Pío.



x