Os resultados do 28A no Ibex35: só unha caída significativa, Ence

Os resultados do 28A no Ibex35: só unha caída significativa, Ence

A pasteira arranca a sesión cun descenso de 5%.


O IBEX35 é tamén un termómetro dos resultados electorais. Permite tomar a temperatura de como as grandes empresas acollen un ou outro resultado das urnas. En principio, a vitoria do PSOE e a derrota da 'tridereita' (PP, Cs e Vox) no asalto á Moncloa neste 28 de abril non ten repercusión significativa neste medidor.


Así, e como indican desde Cinco Días, o único valor do IBEX35 que reacciona de forma significvativa ao resultado electoral Ence, que iniciou a sesión cunha caída de 5%. O valor da pasteira está en retroceso desde que o goberno español decidise retirar a defensa xudicial da prórroga que no seu día concedeu o goberno Mariano Rajoy a Ence.


A outra cara da moeda serían empresas ligadas a enerxías renovábeis e que suben por volta de 9%.