O salario dos directivos en Galiza cuadriplica o dos seus empregados

O salario dos directivos en Galiza cuadriplica o dos seus empregados

A media de ingresos dunha persoa en postos de dirección nunha empresa no país é de máis de 76.000 euros, o que supón 58.000 euros máis que o traballador.


O salario medio dunha persoa nun posto directivo en Galiza case cuadriplica o ingreso que de media perciben os seus empregados e empregadas. Unha fenda que, en diñeiro, é de 58.226 euros anuais. Son datos do estudio que esta semana presentou a escola de negocios Eada e ICSA e no que se constata que os salarios dos directivos no Estado español aumentaron nestes catro anos oito veces máis que o dos empregados.

A retribución media dun directivo en Galiza é de 76.229, sendo os novenos que máis cobran entre todos os territorios do Estado español. Os mandos intermedios ingresan de media 41.507 euros anuais (os sétimos mellor remunerados) e os empregados 20.907 euros, case 9% menos que a media española.

Así pois, se o salario medio dun empregado galego é igual a 100, o dun directivo en Galiza é de 366. Un nivel  superior ao que se dá de media no Estado español onde a relación sería de 100 a 355.

Aumento

Entre 2007 e 2018 os salarios en dirección aumentaron en case 2.000 euros, nese mesmo período o ingreso dos mandos incrementou en 1.072 euros, e o dos empregados e empregadas en 26 euros.



x