“Santander pretende impor despedimentos colectivos mentres contrata persoal a través de ETTs”

“Santander pretende impor despedimentos colectivos mentres contrata persoal a través de ETTs”

CIG Banca continúa o calendario de mobilizacións contra os despedimentos colectivos formulados para o Grupo Popular-Pastor e Banco Santander, uns EREs que en Galiza afectarán uns 200 traballadores, principalmente dos servizos centrais. Dende a central sindical reitérase que no banco "non sobra ninguén", pois mentres a dirección pon en marcha estes dous EREs, "no Banco Santander estase contratando persoal para oficinas a través de ETTs".

"O que está facendo o Santander é externalizar e precarizar o emprego para abaratar custes: despide o persoal con máis antigüidade para contratar outro novo en condicións peores, ben a través de empresas de traballo temporal ou directamente, pero aplicándolle o novo convenio que recolle unhas condicións económicas moi inferiores ás que teñen as traballadoras e traballadores que xa están dentro", afirma a voceira das seccións sindicais da CIG, Rosa Conde.