EN PAPEL

O sistema eléctrico: o oligopolio mimado

O sistema eléctrico: o oligopolio mimado

As grandes eléctricas gañaron entre 2008 e 2015 máis de 56.650 millóns de euros. Nese período o recibo da luz subiu un 54%. Todo vén desde o 1997, ano en que comezou a liberalización do sector enerxético, que deixou de ser servizo público. Dedicámoslle ao "oligopolio mimado" unha ampla reportaxe no Sermos Galiza 220. Aquí, un extracto.


A decisión do Supremo de tombar o “bono social” e obrigar a indemnizar as eléctricas por ter que pagar estes dous anos esa tarifa subvencionada para persoas consumidoras con baixos ingresos puxo as cousas no seu sitio. O mesmo sitio no que levamos, como mínimo, desde o proceso de liberalización do sector eléctrico encetado en 1997 e que serviu para engordar e dotar de poder un oligopolio que decide sobre unha necesidade básica como é a electricidade.

4 (1)A pobreza enerxética afecta na Galiza máis de 110.00 fogares e a nivel de todo o Estado son por volta de catro millóns de persoas as atinxidas pola problemática. Máis de 75.000 fogares galegos retrasaron en 2015 o pagamento de facturas da luz por non as poder pagar no seu momento e 4.000 familias solicitaron as axudas estabelecidas pola Xunta para evitar cortes de luz por impagamento. Uns cortes de luz que non son excepcionais: en 2015 Iberdrola (unha das tres grandes eléctricas) cortou a luz a 270.000 fogares. Facíao mentres gañaba 2.400 millóns de euros só nese ano. O que fora un servizo público, o subministro eléctrico, até 1998 pasou ser case un artigo de luxo. Como foi isto posíbel?