O Supremo avala que os bancos carguen ao cliente os impostos da hipoteca

O Supremo avala que os bancos carguen ao cliente os impostos da hipoteca

É o cliente e non o banco quen debe de facerse cargo e pagar os gastos e impostos de constitución dunha hipoteca. Así o vén de sentenciar o Tribunal Supremo. O pleno da sala primeira tomou esta decisión a raíz de dous recursos relativos a reclamacións de consumidores contra cláusulas de escrituras de empréstito con garantía hipotecaria, que atribuían a particulares todos os gastos xerados pola operación.

O TS  considera que pola constitución do empréstito, o pagamento incumpre ao prestatario, polos documentos notariais, a partes iguais, e en canto ás copias, a quen as solicite. En 2015, unha sentenza do TS ditamonou que era abusiva a cláusula que cargaba ao cliente, "sen negociación e de maneira indiscriminada" o pagamento de todos os gastos e impostos de concertación do contrato.

A resolución de agora do upremo fai referencia unicamente ao imposto de transmisións xurídicas (ITP) e a actos xurídicos documentados (AXD). Son impostos autonómicos e que representa o pagamento dunha procentaxe sobre a escritura notarial na que se formaliza a hipoteca. 

O número total de hipotecas en Galiza o ano pasado foi de 16.556, por un valor superior a 1.685 millóns de euros. Distribuíronse entre fincas rústicas, con 533 operacións e un capital de 71 millóns e fincas urbanas con 16.023 hipotecas, por máis de 1.614 millóns. Nas fincas urbanas, as operacións repartíronse entre as 11.040 viviendas que se hipotecaron, 125 solares (por 55 millóns) e 4.858 fincas doutro tipo (510 millóns de euros). A maior parte destas hipotecas subscribíronse con bancos (15.146, por 1.517millóns)