O Supremo decide que o cliente e non a banca pague o imposto das hipotecas

O Supremo decide que o cliente e non a banca pague o imposto das hipotecas
Tribunal Supremo
Tribunal Supremo  

Axustada votación: 15 contra 13


O Tribunal Supremo recúa e volve deixar as cousas como estaban: será o cliente e non a banca quen teña que pagar o imposto de actos xurídicos documentados. Horas de deliberacións deixaron esta decisión, moi axustada: 15 maxistrados apoiaron esta vía fronte a 13 que estaban a favor de que as entidades inanceiras asuman ese imposto. Deste xeito o alto tribunal corrixe a sección que innovou a doutrina e volve a poñer a pelota na xurisprudencia anterior, favorábel ás entidades bancarias.

Entre 2014 e 2016 pagáronse 6.000 millóns de euros por este gravame. A anterior decisión do Supremo sinalaba que a  entidade financeira era quen debía afrontar o gravame sobre documentos notariais, mercantís e administrativos. Para unha vivenda de 100.000 euros pode supor entre 500 e 2.000 euros. Iso, porén, non srá finalmente así após a rectficación do alto tribunal, que volve cagar sobre o cliente o pago deses impostos.

A decisión do Supremo desta terza feira xa provocou unha vaga de reaccións desde diferentes formacións políticas. Ana Pontón (BNG) escribía na súa conta de twitter: "Escandalizada con este novo cambio de criterio do Supremo que deixa en evidencia unha ‘xustiza’ ao servizo da banca! Deberían dimitir e debemos reprobar a un tribunal que se convirte en cómplice dunha estafa masiva!".  Antón Sánchez (En Marea), at ravés da mesma rede social, afirmaba: "Só nun día,entre a sentencia do Tribunal de Estrasburgo e a do Tribunal Supremo a maior gloria da banca a xustiza española queda retratada. Corrupción,falla de garantías democráticas e utilización política da Xustiza por parte do Réxime".


 


 



x