Todas as oportunidades e potencialidades do mar, a análise en Arousa

Todas as oportunidades e potencialidades do mar, a análise en Arousa

A economía azul centra unhas xornadas dos Grupos de acción costeira.


‘‘O mar como motor de innovación e crecemento’ é o título das xornadas que se van desenvolver en Vilanova de Arousa o 11 de decembro e que se centrarán en dar a coñecer as oportunidades que ofrece a denominada economía azul.

A Unión Europea considera os mares e océanos como motores da economía dos territorios costeiros polo seu gran potencial para a innovación e o crecemento; e aposta na economía azul como alternativa de futuro.

A  economía azul emprega a máis de 691.000 persoas no Estado español e xera aproximadamente 23 millóns de euros de valor agregado. En toda a Unión Europea representou en 2016 o 1,3% do PIB total.

Ese é precisamente o obxectivo desta sesión de traballo na que van participar representantes de orgasnizacións implicadas no desenvolvemento de iniciativas de crecemento azul en Galicia e Portugal.



x