O TSXG recoñece o dereito á extra de decembro de 2012 ao persoal laboral da Xunta

O TSXG recoñece o dereito á extra de decembro de 2012 ao persoal laboral da Xunta
[Imaxe: SG]
[Imaxe: SG]  

O Tribunal Superior sentencia que non se pode aplicar de maneira retroactiva a Lei 9/2012, do 9 de agosto, polo que o Goberno galego deberá pagar a [email protected] [email protected] o periodo que abrangue do 1 ao 14 de xullo de 2012.



O Tribunal superior de xustiza de Galiza condenou a Xunta a abonar a parte correspondente á paga extraordinaria do mes de decembro de 2012 ao seu persoal laboral. Na sentenza, estima parcialmente o recurso interposto polos sindicatos CIG, CC.OO., CSI-CSIF e UGT contra o Goberno galego e contra a Confederación de [email protected] da Galiza --CEG-- en que reclamaban, para alén desta paga que lles fora negada, que o RD 20/2012 fose declarado inconstitucional.

A resolución vén confirmar, segundo a valoración que fai CIG-Administración, que "a supresión da totalidade desta paga se fixo de maneira atropelada e sen fundamentos xurídicos de ningunha clase". A secretaria nacional desta federación da central nacionalista, Carme López Santamariña, valorou a sentenza de maneira "moi positiva" malia non ser "a que a CIG esperaba", pois non se vai interpor perante o Tribunal Constitucional un recurso de inconstitucionalidade contra o RD.

Neste sentido, entende o Superior galego que "a práctica empresarial consistente en non abonar a paga extra correspondente ao mes de decembro de 2012 non vulnera ningún principio da Constitución". CIG-Administración insta a Xunta a repoñer a parte proporcional do soldo tamén ao persoal funcionario, malia que a resolución só se refira ao persoal laboral. Ao fío, lembran que o funcionariado debe reclamar no contencioso-administrativo, un proceso "máis longo e custoso por mor das taxas xudiciais" que conducirá, finalmente, "aos mesmos resultados" que conqueriu o persoal laboral.