Un xulgado da Coruña abre a porta á demanda colectiva [email protected] [email protected] contra Novagalicia Banco

Obriga á entidade a achegar unha listaxe cos dados persoais de [email protected] as titulares de participacións preferentes para que a Asociación galega de [email protected] por produtos financeiros (Agaprofi) poida [email protected] desta posibilidade


O xulgado de primeira instancia nº9 da Coruña ditou esta quinta feira un auto en que abre a porta a unha demanda colectiva contra Novagalicia Banco. Así as cousas, estimou a petición da Asociación galega de [email protected] por produtos financeiros (Agaprofi) para que a entidade bancaria achegue a listaxe cos dados persoais de [email protected] @s titulares das participacións preferentes emitidas por CaixaGalicia e Caixanova para que o mencionado colectivo de [email protected] e [email protected] poida dirixirse a [email protected] e informar da posibilidade de interpoñer unha demanda colectiva. 

Pola súa banda, Agaprofi deberá achegar 500 euros en concepto de fianza antes do mediodía do 28 de maio, tal e como informou o responsábel da dirección letrada da asociación, Xoán Antón Pérez Lema, quen acrecentou que o prazo para a presentación da demanda colectiva concluirá o 26 de xullo, cando se fai un mes da obtención da listaxe que reclamaron a Novagalicia Banco.