INDUSTRIA

Voltan as mobilizacións a Ferroatlántica

Voltan as mobilizacións a Ferroatlántica
Concentración de traballadores de Ferroatlántica en abril do 2017. @cig
Concentración de traballadores de Ferroatlántica en abril do 2017. @cig  
O comité de empresa anuncia que a segunda feira día 9 retomarán a loita en resposta "ao mutismo e ao deixamento da Xunta á hora de esixirlle á empresa un plan de viabilidade".
 

A representación social proporá este novo calendario de protestas nas asembleas de traballadores e traballadoras convocadas para o mércores 4 de setembro nas fábricas de Cee e Dumbría.

O comité lembra que este plan de viabilidade non é só de obrigada elaboración, senón que mesmo o presidente do Goberno galego asegurou en comparecencia parlamentaria que lle reclamaría este proxecto a Ferroatlántica, procédese ou non á venda do complexo industrial e enerxético.

"Apelamos á responsabilidade da Xunta, como titular das concesións públicas que explota Ferroatlántica, para que se reúna co comité, faga valer as cláusulas concesionais e obrigue a empresa a cumprir coa legalidade", indican os traballadores nun comunicado emitido ás sete da tarde desta segunda feira.