Un xulgado de Madrid paraliza a venda da AP-9

Un xulgado de Madrid paraliza a venda da AP-9

A loita de Globalia e Corsair pola AP-9 está xa nos xulgados. Un tribunal do mercantil de Madrid aceptou as medidas cautelares solicitadas por Globalia e paraliza venda da AP-9. Globalia, controlada por tres fondos de pensións [USS, canadiano; PGGM, británico; e OPtrust, holandés] anunciaba no verán que ía facerse con 55,6% de Itínere (matriz xestora da AP-9), até agora en mans de Abanca, Kutxabank e Sacyr. Unha operación de 723 millóns de euros.

En setembro, outro fondo de pensións, desta vez holandés (APG), entrou en liza. APG anunciou que adquire 59% de Intinere xunto con Corsair, até agora maioritario nesta empresa. Querían frear así a aposta de Globalia e manter as rendas dun negocio tan gorentoso como a AP-9.

Globalia solicitou as medidas cautelares perante a contraoferta de Corsair e APG. Un paso que semella desbotar o acordo que a propia Globalia fixera Corsair para xestionar conxuntamente a Autoestrada do Atlántico.