A Xunta recoñece que non coñece “o alcance exacto” da operación de venda de Ferroatlántica

A Xunta recoñece que non coñece “o alcance exacto” da operación de venda de Ferroatlántica
Francisco Conde, conselleiro de Economía
Francisco Conde, conselleiro de Economía  Xunta.es

O conselleiro de Economía Industria, Francisco Conde, si que afirma que esta operación é distinta ao intento de venda de 2017, que foi vetado pola Xunta.


O goberno galego descoñece "o alcance exacto" da operación de Ferroatlántica mais considera que esta non é igual á tentativa de Villar Mir de vender as centrais en 2017 e que foi paralizada pola Xunta.  En declaracións aos medios, o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, asegurou que a "prioridade" é garantir o cumprimento dos condicionantes das concesións e a defensa da actividade industrial e o emprego.

"Hai unha situación que nestes momentos aparentemente é distinta ao que se expuxo en 2017 e é que a empresa o que está a trasladar é que vai manter a unidade dentro da empresa, tanto das centrais hidroeléctricas como das plantas industriais e, por tanto, nese sentido seguirán operando os condicionantes da concesión hidráulica, que é precisamente manter a actividade industrial", manifestou Conde.