CxG realizará en decembro o seu congreso constituínte co ollar posto nas municipais


CxG realizará en decembro o seu congreso constituínte co ollar posto nas municipais
A formación que lidera Xoán Bascuas di que os resultados do 21-O "non foron os agardados", pois os votos alcanzados roldan os 15 mil.

Compromiso por Galicia, a formación política que lidera Xoán Bascuas, vén de escoller o vindeiro 16 de decembro para a celebración do seu Congreso constituínte. Así o comunicaron mediante nota de imprensa após a xuntanza mantida este sábado para avaliar os resultados das eleccións galegas, que deixaron esta organización fóra do Parlamento.

Recoñecen desde CxG que os apoios obtidos "non foron os agardados" feito que achacaron á falta de espazo político e mediático "para visibilizar unha proposta como a nosa". Erixíronse a sí [email protected] como "unha forza a ter en conta" ao abrigo dos votos conseguidos "onde hai unha importante presenza organizativa". Porén, os votos para esta formación política están ao redor dos 15 mil.

Na liña, Bascuas colocou as eleccións municipais no albo, e informou da convocatoria do Congreso constituínte en decembro, para traballar na estratexia que desenvolverán nos comicios locais previstos para 2014.