O PP despediu a campaña cunha carga policial en Ourense contra estudantado e [email protected] polas preferentes

O PP despediu a campaña cunha carga policial en Ourense contra estudantado e [email protected] polas preferentes
Manifestante ferido trala carga [Imaxe: Oscar Pinal]
Manifestante ferido trala carga [Imaxe: Oscar Pinal]  SG
A actuación policial contra dunha concentración realizada ás portas do mitin do PP no Pavillón dos Remedios sáldase con varias persoas feridas.

O Partido Popular rematou a campaña electoral igual que a encetara o pasado día 4, con paus. Se no inicio de campaña as vítimas foran traballadores do naval que protestaban ás portas do mitin en Ferrol --entre eles o Responsábel Comarcal da CIG, Xesús Anxo López Pintos quen denunciou ter sido torturado logo de ser detido-- onte foi o estudantado ourensá o que sufriu unha carga policial.

Mentres se desenvolvía o peche de campaña do PP nas portas do Pavillón dos Remedios concentrábanse persoas afectadas polas participación preferentes e un grupo de estudantes e mozas e mozos. Ambos colectivos protestaban de xeito pacífico contra das políticas do Partido Popular acordoados por un “desproporcionado número de antidisturbios”, segundo apuntan desde o colectivo Estudantes Sen Futuro. Porén, a concentración remataría cunha carga “brutal, desproporcionada e arbitraria”, sendo golpeados polas porras da policía a práctica totalidade das e dos mozos presentes, [email protected] que boa parte rematarían con contusións e hematomas.

Segundo denuncian houbo varias persoas golpeadas na cabeza que ficaron semi-inconscientes en medio da rúa. Unha moza tivo que ser trasladada ás urxencias hospitalarias por ter recibido varios golpes no pescozo. Ademais da violencia exercida contra das e dos manifestantes, a policía procedeu a identificar e deter a varias persoas.