24 personalidades reclaman a liberdade de Otegi

24 personalidades reclaman a liberdade de Otegi

Angela Davis, Leila Khaled, José Mújica e Ken Livingston son algúns dos 24 nomes que asinan o manifesto 'Liberdade para Arnaldo Otegi, presos bascos á casa' presentado en Bruxelas. 


Esta terza feira (24 de marzo) foi presentada en Bruxelas unha campaña internacional (#FreeOtegi) para reclamar a posta en liberdade de Arnaldo Otegi e [email protected] [email protected] polí[email protected] [email protected] A data coincide co quinto aniversario da declaración que sentou as bases para se iniciar o proceso de paz en Euskal Herria e na que, para alén do cesamento ao fogo definitivo de ETA, se demandaban pasos decididos cara á normalización política no territorio basco. 

O músico Fermin Muguruza foi o encargado de dar leitura ao manifesto, intitulado 'Liberdade para Arnaldo Otegi, presos bascos á casa' no que se demanda a "inmediata" excarceración do líder independentista ao que definen como "o home que soubo arriscar pola paz e a democracia". Aliás, exixen "o final da política de afastamento, como paso previo" para a posta en liberdade "dos presos bascos". 

Feitos, apuntan, que son "pasos necesarios para poder alcanzar unha paz xusta e duradeira na rexión". 

O texto recolle as sinaturas iniciais de 24 personalidades de recoñecido prestixio e sona internacional como a feminista, activista e filósofa estadounidense Angela Davis, a integrante do Consello Nacional Palestino e militante da FPLP, Leila Khaled; os ex-presidentes do Uruguai, José Mújica; de Paraguai, Fernando Lugo e Honduras, José Manuel Zelaya, entre outros. 

Listaxe completa de asinantes

  • José «Pepe» Mujica. Senador e expresidente do Uruguai.
  • Fernando Lugo. Senador e expresidente de Paraguai, deposto por un golpe de estado.
  • José Manuel Zelaya. Expresidente de Honduras, deposto por un golpe de estado.
  • Lucía Topolansky. Senadora uruguaia e exguerrilleira do MLN.
  • Desmond Tutu. Arzobispo sudafricano, militante antiapartheid e premio Nobel da Paz.
  • Mairead Maguire. Fundadora de Women for Peace. Premio Nobel da Paz.
  • Adolfo Pérez Esquivel. Premio Nobel da Paz.
  • Ahmed Kathrada. Líder do movemento antiapartheid.
  • Angela Davis. Activista e filósofa estadounidense.
  • Cuauhtémoc Cárdenas. Xefe de Gobierno do Distrito Federal de México e fundador do PRD.
  • Gerry Adams. Presidente do Sinn Féin.
  • Leyla Zana. Primeira curda integrar o Parlamento Turco.
  • Leila Khaled. Membro do Consello Nacional Palestino e da FPLP.
  • Ken Livingstone. Ex membro laborista do Parlamento británico e exalcalde de Londres.
  • Nora Morales de Cortiñas. Cofundadora e presidenta das Nais da Praza de Maio.
  • Harold Good. Presidente da Iglexa Metodista de Irlanda, parte vital no proceso de paz do norte de Irlanda.
  • Helmuth Markov. Exeurodeputado e viceprimeiro ministro do Estado de Brandenburgo (Alemaña)
  • Slavoj Zizek. Filósofo e director internacional do Instituto Bikbeck de Humanidades.
  • Tariq Ali. Escritor e director de cine.
  • Pierre Galand. Presidente da Organización Mundial contra a Tortura OMCT-Europe
  • Gershon Baskin. Fundador e copresidente do Israel-Palestine Center for Research and Information (IPCRI)
  • Joao Pedro Stédile. Coordenador do Movemento dos Trabalhadores Rurais Sem Terra (MST)
  • Carmen Lira. Directora do xornal mexicano ‘La Jornada’
  • Fermin Muguruza. Músico.



x