Audiencia Nacional española volve ordenar o peche dun medio vasco, desta volta Ateak Ireki

Audiencia Nacional española volve ordenar o peche dun medio vasco, desta volta Ateak Ireki

O tribunal español relaciona este proxecto xornalístico con raíz en Nafarroa co movemento anti-represivo Herrira, polo que decreta a súa clausura. A decisión da Audiencia trae á memoria os peches de Egin e Euskaldunon Egunkaria.


A Audiencia Nacional española pon fin o proxecto xornalístico que engloba Ateak Ireki (portas abertas), unha decisión adoptada en base a informes da Garda Civil que relacionan AI co movemento anti-represivo Herrira, cuxas actividades foron suspendidas polo mesmo tribunal após a redada na que foron [email protected] 18 dos seus membros, que ficaron en liberdade.

“De novo a Audiencia Nacional española decide que é o que debe e non debe ler a cidadanía”

A Audiencia Nacional publica un auto no cal solicita a diversas empresas de telecomunicacións que impidan o acceso de Ateak Ireki, aliás de solicitarlles que pechen as súas contas nas redes sociais e a propia web de noticias deste proxecto.

“Un día triste para a democracia en Euskal Herria”

Nunha primeira valoración de urxencia, Ateak Ireki quixo denunciar “este novo ataque á liberdade de expresión e información. Lembramos, neste sentido, que Ateak Ireki naceu polo impulso de ducias de xornalistas navarros que, tras o peche de Apurtu.org, avogaron por medios de comunicación que respaldasen a liberdade de expresión”.

Por todo iso, sosteñen nun comunicado, “cremos que hoxe é un día triste para a democracia en Euskal Herria. De novo a Audiencia Nacional española decide que é o que debe e non debe ler a cidadanía”.

Con esta clausura, a xustiza española mete na súa saca outro peche máis dun medio de comunicación vasco tras os que levou a cabo co Egin e Euskaldunon Egunkaria.