Bildu márcase como obxectivo para 2015 “non pedir permiso a Madrid”


Bildu márcase como obxectivo para 2015 “non pedir permiso a Madrid”

A esquerda abertzale considera que a vontade de acordos do PNV “é nula” e denuncia que “continúa a vulneración de dereitos humanos, visíbel coa dispersión [email protected] pre[email protected]”.

 

A parlamentaria de EH Bildu Marian Beitialarrangoitia cre que é "momento" de chegar a acordos entre @s [email protected] para ser "[email protected] do futuro" porque "a porta" do presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, seguirá "sen abrirse". Ademais, asegurou que a vontade de acordos do lehendakari, Iñigo Urkullu (do PNV) "é nula" e reprochoulle que persista en "mirar a Madrid".

A abertzale recordou que as "prioridades e principais retos" de EH Bildu para o novo ano son que “as decisións sobre o noso futuro se deben de tomar aquí, sen pedir permiso a ninguén nin mirar a Madrid ou a Paris". Así mesmo, destacou que outras dúas principais liñas de traballo da coalición soberanista serán "o cambio de modelo socioeconómico e a fin da vulneración dos dereitos humanos, que hoxe en día é visíbel, diaria e constante no caso da dispersión [email protected] [email protected] [email protected]”.



x