Catro urnas xigantes reivindicarán a soberanía de Euskal Herria

Catro urnas xigantes reivindicarán a soberanía de Euskal Herria
Acto público de EH-Bildu
Acto público de EH-Bildu  SG

Gure Esku Dago anuncia a súa próxima grande acción en apoio dunha vía propia cara á autodeterminación, que terá lugar a finais de primavera nas catro principais cidades vascas. "Queremos que sexa unha suma de vontades", din @s promotores.


A plataforma vasca Gure Esku Dago, que organizou o 8 de xuño de 2014 a cadea humana entre Iruña e Durango, construirá catro urnas xigantes que exhibirá o 21 de xuño en Iruña, Bilbo, Gasteiz e Donostia co obxectivo de reivindicar "o dereito a decidir". Así o anunciaron este sábado en rolda de prensa os membros de Gure Esku Dago Ángel Oiarbide e Mirentxu Purroy, que compareceron no café Zentral de Pamplona para presentar a iniciativa da plataforma soberanista.

Gure Esku Dago convidou "todos os cidadáns de Navarra" a "construír unha urna xigante tecida con todas as diversas vontades e identidades que queiran facer posíbel o exercicio do dereito a decidir" en chamando a unha vía vasca cara á independencia.

En pobos e barrios xa se está traballando para crear catro urnas xigantes que o 21 de Xuño se farán visíbeis para pedir simbólicamente o dereito de autodeterminación.



x