EH Bildu gobernará por primeira vez en Iruña, capital histórica da vella Euskal Herria

EH Bildu gobernará por primeira vez en Iruña, capital histórica da vella Euskal Herria

O candidato da esquerda abertzale, Joseba Asiron, suma apoios de abondo para desbancar do poder UPN, que ostentou a alcaldía nestas décadas. Un cambio dun enorme significado.


As municipais deixaron para EH Bildu a triste perda de Donosti, a ‘Bella Easo’, a cidade que a esquerda abertzale gobernou por primeira vez nestes últimos catro anos. Mais as urnas deron o 24M o goberno donostiarra ao PNV. Un golpe duro para a esquerda abertzale, un golpe para o que non hai bálsamo. Mais as urnas tamén deron -unha de cal e unha de area- a oportunidade á esquerda abertzale de protagonizar un cambio histórico en Iruña (Pamplona) a capital histórica da vella Euskal Herria, un cambio que soborda os lindeiros da cidade para ecoar nos diferentes territorios vascongados. A esquerda abertzale pode facerse coa alcaldía, desbancando asía a dereita foralista-españolista de UPN, que exercera o bastón de mando durante todos estes anos. Joseba Asiron, candidato de EH Bildu, confirmou que o cambio era posíbel, após se reunir co resto de grupos, agás UPN e PSOE, e de atinxir o seu apoio: Geroa Bai, Aranzadi-Pamplona en Común (do que forma parte Podemos) e Izquierda-Ezkerra (onde está IU e Batzarre). Unha gran coligazón de esquerdas e vasquistas para erguer unha outra cidade fronte a décadas de deita española.

Joseba Asiron afirmou que, após estas xuntanzas, dispón da “maioría suficiente” para obter a Alcaldía. A pretensión é dar “un golpe de timón” radical que converta Iruña nun concello apoiado na participación popular, implicado na política social, e orgulloso de poder ser elemento de representación do sentir vasco-navarro.

A partires de agora as reunións que se van manter entre estas formacións van ser programáticas e para intentar fixar as bases para o novo mandato. EH Bildu fixo un convido a Geroa Bai, Aranzadi e I-E a se integrar no novo goberno local. Mais, e como sinala Asiron, estas formacións supeditaron a súa participación nese executivo ao referendo por parte das súas bases e ao desenvolvemento das reunións sobre as bases programáticas.

Nas eleccións do 24M UPN obtivo 10 conceleliros, por 5 de EH Bildu, 5 de Geroa Bai, 3 de Aranzadi_pamplona en Común, 3 do PSOE e 1 de Izquierda.



x