ANIVERSARIOS

Elgeta reacciona contra as “provocacións do exército español”

Elgeta reacciona contra as “provocacións do exército español”
Lembranza en Elgeta das vítimas do franquismo
Lembranza en Elgeta das vítimas do franquismo  Concello de Elgeta

Críticas ás manobras militares cando se cumpren 75 anos da entrada dos franquistas.


“Ninguén imaxina hoxe aos soldados españois entrando en Gernika cando se cumpren 75 anos do bombardeo fascista, porén, o exército tomou a nosa vila o día en que se cumpría ese triste aniversario da entrada dos franquistas”. Con estas frases explica o alcalde da localidade guipuscoana de Elgeta a indignación que se sente no seu pobo tras as visíbeis manobras militares realizadas polo exército español en tan sinalada data.

Unha concentración na praza principal serviu este mércores para amosar a queixa popular polo acontecido, que xa provocou respostas cidadás cos propios soldados na rúa, cando moitos veciños sacaron aos balcóns ikurriñas ou incluso bandeiras da República española.

O alcalde, Oxel Erostarbe, adiantou tamén que solicitará explicacións ao máis alto nivel polo que considera “unha provocación”. Pola súa parte, o diario Gara publicou unha editorial sobre o acontecido, no que lembran tamén o 75 aniversario do masacre de Gernika e que o exército español “nunca foi depurado”.