“Encarcérannos como vascos e independentistas, e como vascos e independentistas saímos”

“Encarcérannos como vascos e independentistas, e como vascos e independentistas saímos”
Arnaldo Otegi á saída de prisión
Arnaldo Otegi á saída de prisión  

Arnaldo Otegi saiu da prisión de Logroño 6 anos e 4 meses após a súa entrada na cadea, acusado de intentar reorganizar a entón ilegalizada esquerda abertzale. Reafirmou, máis unha vez, a aposta da esquerda abertzale na paz.


Otegi xa está libre. Seis anos e catro meses após o seu encarceramento, o secretario xeral de Sortu e líder da esquerda abertzale saiu esta mañá da prisión de Logroño para ser recibidas por máis de 300 persoas que o agardaban ás portas do recinto. Saudos, apertas, bicos, palabras de ánimo e benvida, e o obrigado 'aurresku' de honra para o de Elgoibar, que vén de pasar 2.330 dias na cadea acusado de intentar organizar a esquerda abertzale (cuxas organizacións estaban ilegalizadas naquela altura).

Otegi lembrou que no Estado español hai presos políticos -e tivo unha lembranbza para os presos sociais-, e afirmou que a el e os outros acusados no caso 'Bateragune' “encarceráronnos como vascos, cidadáns de Euskal Herria, independentistas e socialistas, e como tal saimos”. Lembrou que foron a prisión por apostar na paz, e que durante a súa estancia en prisión “reforzamos a nosa aposta”. Tamén se referiu ás espectativas sobre a súa candidatura ou non como Lehendakari. "Hai moito morbo", dixo, e remarcou: "O mellor lehendakari para o pobo, o pobo".

Após a intervención e novos saúdos, marchou cara Elgoibar, a súa localidade, en compañía de familiares e amigos. Nos vindeiros días decorrerán diferentes actos políticos en uskal Herria para celbrear a liberación de Otegi.



x