JABIER SALUTREGI, DIRECTOR DE EGIN

“Fixeron unha salvaxada e téñennos aí porque teñen que xustificar aquilo dalgún xeito”

“Fixeron unha salvaxada e téñennos aí porque teñen que xustificar aquilo dalgún xeito”
[Resumenlatinoamericano] Recibimento a Jabier Salutregi.
[Resumenlatinoamericano] Recibimento a Jabier Salutregi.  

Até o 29 de outubro era o único xornalista preso nun cárcere español. Jabier Salutregi, director do xornal Egin, fechado na época de Aznar, recuperou a liberdade logo de cumprir sete anos na cadea. “Necesitaban fechar o pepito grilo que había alí. Nada máis”, sinala.


O director de Egin lembra nunha entrevista publicada por Naiz os “17 anos de pesadelo” que supuxeron o feche de Egin, “paseino moi mal e recoñezo que ademais estaba mal”, admite. Cualifica a persecución ao diario de “salvaxada”. “Fixeron unha salvaxada e téñennos aí porque teñen que xustificar aquilo dalgún xeito. E séguennos tendo. Nós somos os que pagamos as súas barbaridades. Eles teñen que pedir perdón algunha vez. E a min téñenme que pedir perdón. Eu non teño que pedirle perdón absolutamente a ninguén”, apunta.

“Necesitaban fechar o pepito grilo que había alí. Nada máis"

Salutregi explica que o feche da publicación veu motivada porque “necesitaban fechar o pepito grilo que había alí. Nada máis. Aínda que fora un xornal de tirada pequena, tiña bastante difusión e non podía permitir fotografías dun tío machacado en metade da primeira páxina, un titular que dera as atrocidades dos cabozos…”. “Mesturáronnos con xente que vendía bacallau por un lado, que defendía a desobediencia civil polo outro, que eran do aparato de Exteriores de Herri Batasuna… Era o todo é ETA. Todo era ETA e todos ao cárcere”, denuncia.

Sobre a reacción do xornalismo ao feche de Egin e ao encarceramento dos seus responsábeis, Salutregi sinala que “agás contadas excepcións, todos os xornais están pegados á hexemonía ideolóxica española. Están todos domesticados… Engade que “non teñen vergoña. Non dixeron nunca nada. Nada en contra do feche dun xornal que até os xuíces dixeron que estaba mal”.



x