Tres horas da operacion da Ertzaintza contra o 'muro solidario' de Gasteiz: 70 [email protected] e 20 [email protected]

Ducias de anti-disturbios empregáronse a fondo para desfacer o ‘muro popular’ de ducias de veciñ@s para protexer 3 mozos independentistas, finalmente [email protected] Hai 70 persoas detidas e 20 feridas, segundo @s [email protected]


 

Máis de 25 furgonetas da Ertzaintza entraron cediño pola mañá desta segunda feira na Praza da Virxe Branca de Gasteiz. Distribuíronse de forma estratéxica para pechar todas as saídas e rodear as persoas que conformaban desde a fin de semana un ‘muro popular e solidario’ en torno a 3 militantes independentistas sobre os que hai orde de entrada en prisión por militar en Segi. @s ducias de solidarios, con caretas e pelucas -para dificultar a identificación- estaban sentados no chan, nun entorno tinxido de laranxa, a cor que simboliza a desobediencia civil á xustiza española e contra a criminalización do independentismo. Entre estas persoas, Aiala Zaldibar, Igarki Robles e Ibon Esteban, as tres en busca e captura. A Audiencia Nacional condenou cada un deles a seis anos de prisión, "exclusivamente pola súa militancia política nunha organización xuvenil", denuncian as persoas concentradas.

Gasteiz jji

Os anti-disturbios comezaron sobre as nove a ‘desfacer’ o muro popular. Porrazos, golpes, empurróns e levar as e os solidarios a rastro. Dúas persoas terían perdido o coñecemento, segundo denuncias de xornalistas presentes no lugar, sendo trasladadas a centros hospitalarios. A Ertzaintza cifrou en 11 as persoas detidos, as que acusa de agresións e resistencia á autoridade.. Porén, Txerra Bolinaga (do movemento Eleak, de desobediencia civil) denunciou que a operación deixou máis de 70 feridos e 20 detidos, entre eles os 3 militantes de Segi buscados pola AN.

Eh Bildu reclamou ao PNV que “deixe de ser” o brazo executor do PP e do Estado español. A esquerda abertzale manifestou o apoio á estratexia de desobediencia civil, como a realizada pola mocidade vasca estes días en Gasteiz, e anteriormente en localidades como Donostia ou Ondarroa.

As declaracións de Podemos, afirmando a respecto do acto de Gasteiz que "non temos nada a ver cos herdeiros da violencia", xerou un profundo e gran malestar en Euskal Herria, mesmo alén do que é o corpus social da esquerda abertzale. 



x