Nafarroa estrea presidenta vasquista e bota o fecho a 20 anos de dereita

Nafarroa estrea presidenta vasquista e bota o fecho a 20 anos de dereita
Uxue_Barkos
Uxue_Barkos  

Uxue Barkos, candidata de Geroa Bai, foi eleita cos votos da súa formación, de EH Bildu, Podemos e IU-Ezkerra. UPN e PP votaron en contra e o PSOE abstívose.


Nafarroa deitarase esta segunda feira cunha muller progresista, vasquista e euskalduna na presidencia, un feito impensábel hai uns anos e que indica a importante virada política que nestes tempos sufriu o considerado corazón de Euskal Herria. Unha comunidade gobernada por Geroa Bai e a capital, Iruña (Pamplona), con alcalde de EH Bildu

A candidata de Geroa Bai, Uxue Barkos, foi eleita esta segunda feira cos apoios da súa propia formación -unha coligazón na que convive o PNV con formaciónz vasquistas de esquerda-, de EH Bildu, Podemos e Izquierda-Ezkerra. Nafarroa botou o pecho a 2 décadas de gobernos de dereita e acase catro de centralismo anti-vasquista (de dereitas e de esquerdas). PP e UPN votaron contra a elección de Barkos e o PSOE optou pola abstención.

Esta cuarta feira Barkos tomará oficialmente posesión do cargo de presidenta e, posteriormente, os e as conselleiras do novo gabiente. No seu discurso de investidura, esta pamplonica que se recoñece cómoda nos paámetros "progresistas e abertzales" afirmou que "estamos ante un novo tempo político, o tempo dun cambio profundo, de profundas reformas, pero sobre todo, un cambio da forma de facer política".



x