Otegi lehendakari?

Otegi lehendakari?
Manifestación pola liberdade de Otegi
Manifestación pola liberdade de Otegi  SG

De acordo coa lexislación e a inconcreción da sentenza ditada polo Supremo o secretario xeral de Sortu podería candidatarse nas eleccións de 2016.


 

A información foi publicada polo diario español El Mundo após a polémica xurdida pola ocupación dun escano no Parlamento basco de Iker Casanova preso durante 7 anos e posto en liberdade en 2011. As críticas da asociación Dignidad y Justicia levaron o rotativo madrileño a investigar a situación concreta de Arnaldo Otegi, privado de liberdade no marco do caso Betaragune. 

O secretario xeral de Sortu e preso político basco será posto en liberdade en abril de 2016 e de acordo coa sentenza ditada polo Tribunal Supremo a súa inhabilitación non aparece concretada para ningunha responsabilidade pública senón que tería sido referida con carácter xeral durante un período de 6 anos, isto é, até 2021. 

Segundo a lexislación española de non se especificaren os cargos a inhabilitación "pode interpretarse por non posta", o que permitiría a Otegi candidatarse como lehendakari nos comicios de 2016. 

Desde o ministerio de Xustiza, Rafael Catalá, sinalou que poderían solicitar un "trámite de aclaración" ao respeito mais o certo é que a sentenza do caso Betaragune é firme o que imposibilitaría a presentación dun recurso para alén do presentado polo propio Otegi perante o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos. 



x