Piden 6 anos de prisión para Niko Moreno e 2 veciños por incidentes nun pleno de Elorrio en 2010

Piden 6 anos de prisión para Niko Moreno e 2 veciños por incidentes nun pleno de Elorrio en 2010
Elorrio
Elorrio  

A Fiscalía pide 4 anos de cárcere para os 2 veciños por chamar ''fascista'' a un edil do PSOE e 2 anos a Moreno por non actuar ante o improperio.


Niko Moreno, Josu Herrero e Rakel Ugarriza están a ser xulgados na Audiencia de Bizkaia por uns incidentes acontecidos no concello de Elorrio (Bizkaia) en 2010 durante un pleno municipal no que se debatía a situación dos presos vascos. Piden para eles 6 anos de prisión nun xuízo que EH Bildu e Sortu cualifican de “político” e novamente con militantes abertzales no albo. “Están a ser xulgados sen que haxa ningún tipo de delito”, afirman.

Aos veciños de Elorrio Josu Herrero e Rakel Ugarriza o fiscal pídelles catro anos de prisión por chamar “fascista” á concelleira do PSOE no transcurso do pleno. Para Niko Moreno, alcalde da vila bizkaitarra naquela altura, a fiscalía solicita 2 anos de cárcere por non actuar. Os feitos xulgados corresponden ao ano 2010. O goberno local estaba en mans de ANV -a marca que empregou a esquerda abertzale naquelas eleccións após a ilegalización-, e o PSOE tiña 1 edil. Nas seguintes eleccións, a esquerda abertzale volveu ser a forza máis votada (desta volta, como Bildu) e o PSOE ficou sen representación.

“Xa é hora de acabar con este tipo de xuízos”, manifestan desde EH Bildu, que lembrou que a maioría da sociedade vasca “reclama solucións” e non “a xudicialización, a criminalización e a penalización” do debate político.



x