O PNV amósase en contra da 'Vía vasca' pola soberanía que promove EH Bildu

O PNV amósase en contra da 'Vía vasca' pola soberanía que promove EH Bildu
Íñigo Urkullu
Íñigo Urkullu  EAJ-PNV

O lehendakari Urkullu considera que a proposta presentada pola esquerda abertzale “deosta a democracia representantiva mediante plataformas cuxo destino non se aclara”.  


 

O lehendakari Iñigo Urkullu rexeita a proposta de 'Vía vasca' presentada por EH Bildu porque, ao seu xuízo, "deosta a democracia representativa" e pretende a "desmontaxe" das institucións actuais para "chegar a algo que non aclaran".

Urkullu referiuse á proposta feita pública o pasado día 24 de xaneiro pola esquerda abertzale nunha entrevista que publica este domingo El Diario Vasco, na que, ademais de criticar esta formulación, non descarta alcanzar pactos após as eleccións de maio para garantir a gobernabilidade en territorios como Guipuscoa, aínda que o PNV non se sitúe como primeira forza.

Sobre a 'Vía vasca', unha proposta que parte da realidade xurídico-política actual pero defende a "desobediencia" e a utilización das institucións ao servizo do "dereito a decidir", o lehendakari amósase moi crítico. Aínda que "puidese parecer que hai un respecto ao ámbito institucional", ao seu xuízo, a proposta é "unha vía para que, baixo a escusa de procesos participativos, deostando a democracia representativa, se constrúan plataformas alternativas para chegar ás institucións" e, despois, "proceder á súa desmontaxe para chegar a algo que non aclaran". 



x