EUSKOBARÓMETRO

O PNV volvería gañar as eleccións vascas, por diante de EH Bildu e Podemos

O PNV volvería gañar as eleccións vascas, por diante de EH Bildu e Podemos
Parlamento vasco
Parlamento vasco  

A enquisa da UPV apunta un lixeiro retroceso do Partido Nacionalista e da esquerda abertzale e quedas importantes de PP e PSOE respecto eleccións 2012. Podemos sería a primeira forza 'española' en Euskadi, mais perdendo 10 puntos respecto ao anterior 'Euskobarómetro'.


O 'Euskobarómetro' -enquisa política e electoral realizada pola Universidade Pública Vasca- apunta a que de haber agora eleccións en Euskadi habería cambios significativos na composición do Parlamento en comparación co saído das urnas nas eleccións de 2012, se ben o principal 'tremor' tería lugar no campo das forzas 'españolas' ou 'estatais', coa irrupción de Podemos, que se coloca como terceira forza. Porén, o partido de Pablo Iglesias perde folgos a respeito dos resultados que lle daba o 'Euskobarómetro' de finais de 2014, que o situaba como segunda forza.

A sondaxe indica que o PNV-EAJ volvería gañar as eleccións, atinxindo entre 25 e 26 [email protected] fronte aos 27 que posúe na actualidade; e logrando un 33,5% de porcentaxe de voto. Manteríase pois, e con diferencia, como a primeira forza política en Euskadi malia o lixeiro retroceso.

Respecto o anterior 'Euskobarómetro', o PNV subiría en porcentaxe de votos (do 30 ao 33,5%), ao igual que EH Bildu (do 19,7 ao 23,1%)). Podemos baixa do 25,6% ao 15,1%

Retrocede tamén, segundo o Euskobarómetro, a esquerda abertzale que, porén, mantén o tipo fronte á forte irrupción de Podemos. Eh Bildu obtería o 23,1% dos votos e entre 18 e 19 escanos no Parlamento, tendo na actualidade 21. Perdería, pois, entre 2 e 3 [email protected] A coligazón independentista manteríase como segunda forza nas tres provincias (Araba, Gipuzkoa e Bizkaia) e recuperaría espazo a respecto dos resultados que lle daban na sondaxe de outono de 2014 (que lle daban un 19% dos apois).

Podemos tería 11/12 [email protected] e o 15,1% dos votos, consolidándose así como a primeira forza 'estatal' ou 'española' en Euskadi e como a segunda de esquerdas (detrás de EH Bildu). En Bizkaia estaría disputándolle o segundo posto á esquerda abertzale. No 'Euskobarómetro' de outono de 2014 Podemos era segunda forza, por diante de EH Bildu, e co 25% dos votos e 21/22 escanos.

PSOE caería ao cuarto posto, obtendo 14,5% dos votos e 10/11 [email protected] (agota posúe 16). O PP obtería 8 escanos (ten 10) e apenas atinxiría o 8% dos votos. Ciudadanos, IU e UPyD non acadarían representación paralmentar.

O estudio realizouse en función dos resultados de 600 entrevistas feitas entreo 29 de maio e 15 de xuño polo equipo do Euskobarómetro do Departamento de Ciencia Política da UPV-EHU, dirixido polo profesor Francisco Llera.



x