Podemos-Euskadi: "Non temos nada que ver cos herdeiros da violencia"

Podemos-Euskadi: "Non temos nada que ver cos herdeiros da violencia"
Roberto Uriarte
Roberto Uriarte  Naiz

Podemos continúa a dinamitar toda ponte de diálogo coa esquerda abertzale. 


 

Primeiro foi Pablo Iglesias a demandar a EH Bildu a condena da violencia como conditio sine qua non para pactar nas institucións. Agora, o secretario xeral de Podemos en Euskadi, Roberto Uriarte, pon un abismo de por medio na relación coa esquerda abertzale ao pronunciarse nestes termos en relación aos 3 mozos independentistas procesados por participar politicamente en Segi: Podemos, di, non ten nada a ver "co mundo de Segi, de Bildu, e dos herdeiros da violencia".

Uriarte tamén foi crítico coa actuación da Ertzainza e reprobou o que tildou de "brutalidade policial" na acción contra o muro popular.

Profesor de Dereito Constitucional da Universidade do País Vasco, Uriarte é unha persoa próxima a Pablo Iglesias, é euskaldún e costuma intervir nas tertulias políticas da canle da ETB en euskera.

A súa candidatura, no proceso interno de escolla da secretaría xeral de Podemos, fíxose co 35,2% dos votos.



x