A policía francesa detén Iratxe Sorzabal e David Pla


A policía francesa detén Iratxe Sorzabal e David Pla

Segundo recolle a imprensa española ambas persoas terían sido detidas en Baigorri (Iparralde). Interior informa das detencións mais non dá nomes.

 

Esta terza feira (22 de setembro) foron detidas Iratxe Sorzabal e David Pla nunha operación conxunta entre a policía francesa e a Garda Civil española. As identidades foron difundidas pola imprensa española embora o comunicado feito público polo Ministerio do Interior non proporciona, até o momento, a identidade das persoas detidas. 

Os arrestos teríanse producido na localidade de Baigorri (Iparralde) e, sempre segundo o relato da imprensa española, tamén terían detido o propietario da vivenda e outra persoa. 

Interior sinala que se trata dunha operación contra "as estruturas de dirección de ETA" que permanecería aberta polo que non se descartan máis detencións. 



x