ASEMBLEA NACIONAL

Sortu elaborará nos próximos meses o plan para traballar pola independencia

Sortu elaborará nos próximos meses o plan para traballar pola independencia
[Imaxe: Sortu] Asemblea Nacional
[Imaxe: Sortu] Asemblea Nacional  

A formación abertzale Sortu celebra esta fin de semana a Asemblea Nacional, que acordou encetar nos próximos meses “a folla de ruta para a independencia”, un plan que compartirá cos aliados políticos e co pobo vasco.


En declaracións aos medios após un receso da Asemblea Nacional, que ten lugar esta fin de semana, o portavoz de Sortu, Pernando Barrena, informou de que nos próximos meses a formación abertzale elaborará o plan para traballar pola independencia de Euskal Herria, obxectivo do grupo político. Desta maneira, Sortu afanarase en afondar nun “proceso independentista que nos leve á construción dun Estado propio no que exercer a nosa propia soberanía”.

O portavoz de Sortu salientou diante dos medios de comunicación que só a posta en marcha de “procesos constituíntes populares e independentistas en Euskal Herria, Països Catalans ou Galiza poderá materializarse a ruptura democrática que non foi posíbel hai 40 anos”. “Esa é a aposta de Sortu e de toda a esquerda abertzale, superar a dependencia do Estado”, sinalou.

Na Asemblea Nacional debate o modelo organizativo da formación, a situación política e as liñas de actuación para os próximos meses, que estarán encamiñadas a formular a folla de ruta para a independencia.



x