O Tribunal Europeo dos dereitos do home resolverá a quinta feira sobre a condena a Otegi

O Tribunal Europeo dos dereitos do home resolverá a quinta feira sobre a condena a Otegi

O recurso foi presentado pola avogada do líder abertzale por vulneración da Convención europea de dereitos humanos. Otegi leva no cárcere desde 2009.


O Tribunal europeo de dereitos do home (TEDH) ditará a vindeira quinta feira, 26 de novembro, sentencia sobre o recurso presentado pola defensa de Arnaldo Otegi, líder da esquerda abertzale preso desde 2009 e condenado por intento de reconstrución da formación ilegalizada 'Batasuna'. Tal e como informa a EITB, se o Tribunal de Estrasburgo lle dá a razón a Otegi, a súa saída da cadea só se adiantaría uns meses, posto que foi condenado polo Tribunal Supremo a 6 anos de cárcere, que finalizan a vindeira primavera.

O recurso foi presentado pola avogada do ex-dirixente de HB e Batasuna, Jone Goirizelaia, que alegou que a decisión do Tribunal Constitucional español de denegar o amparo a Otegi e resto de acusados no 'Batergaune' vulnerou a Convención europea de dereitos humanos. En concreto, dos dereitos á imparcialidade xudicial e a presunción de inocencia.

 



x