"Iremos á canxe, mais sen deixar a loita nen a vía xudicial até recuperarmos todo"

"Iremos á canxe, mais sen deixar a loita nen a vía xudicial até recuperarmos todo"
preferentes
preferentes  

[email protected] das preferentes [email protected] no concello da Coruña amosan a súa disposición a manter a loita “até o final” no día en que se pechou a vía da arbitraxe. En Moaña, NCG intentou reabrir unha oficina pero non puido pola presión [email protected] manifestantes.


Cumprían un mes e dez días de peche, diúrno e por quendas, agora nas oficinas do BNG, antes ocuparon as do PSOE. Son o colectivo de [email protected] pola estafa das preferentes e subordinadas, que esta segunda feira viviron unha data singular ao ser o derradeiro día no que podían acollerse á arbitraxe, vía que foi a elixida en 56.000 casos só no que atinxe a Novagalicia Banco, que unicamente resultou favorábel para os intereses  [email protected] aforradores e aforradoras en 36.000 deles. Agora quedan por se resolver milleiros de demandas en Galiza, ás que hai que sumar ás que puxeron os seus cartos en outras entidades ou por medio de empresas. Segundo datos de NCG, hai 40.000 casos que non foron pola arbitraxe e agora terán que acollerse á canxe con quita -que pode alcanzar un 60 por cento dos cartos- como ocorre coa maioría [email protected] encerrados no Pazo de María Pita.

A canxe con quita pode alcanzar un 60 por cento dos cartos, como ocorre coa maioría [email protected] encerrados no Pazo de María Pita

Curiosamente, a tensión da xornada reflectíase en certa tranquilidade no concello coruñés. A razón principal foron as diversas reunións que a plataforma realizou para decidir os pasos a tomar neste novo escenario. Aí tiveron un papel principal @s [email protected] que @s defenden. Logo das consultas, e xa con máis xente ás portas do consistorio coruñés, sempre coa policía local vixiante, @s [email protected] falaban coa firmeza habitual, sen ningún síntoma de derrotismo. Pola tarde tería lugar unha asemblea informativa. Mais “a loita continúa”. “Nós imos seguir até o final, o que queremos é que nos devolvan os nosos aforros, todos”, repetían por enésima vez varias das persoas que lucían camiseta amarela nos soportais de María Pita.

“Mañá (pola terza feira) volveremos a manifestarnos diante da oficina central de Novagalicia Banco. E o xoves tamén. As protestas seguen”, anunciaban. A presenza na rúa combinará agora coa fronte xudicial. Acudirán á canxe por accións -que despois poden vender ao Fondo de Garantía de Depósitos- e polo tanto sufrirán quitas @s [email protected], pero sen desistir doutras opcións. “Non hai nin unha soa norma que diga que por aceptar a canxe esteamos na obriga de desistir de reivindicar nos xulgados os nosos cartos, así que iso faremos”, anunciaba unha das estafadas. Insisten. E non levantarán o peche.

Porque as mobilizacións crecen e mantense a tensión por toda Galiza. En Moaña, @s membros da plataforma local de vítimas do calote concentráronse ante a sucursal de Novagalicia Banco impedindo a súa apertura xusto no día en que a dirección de NCG decidira reabrir a oficina, que pecharon hai unhas semanas por mor das protestas. Non moi lonxe, en Pontevedra, suspendeuse o Pleno municipal por “solidariedade” co grupo de [email protected] polas preferentes alí reunidos, que así o solicitaron, tal e como anunciou o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores. @s [email protected] do PP foron [email protected] [email protected] manifestantes cando abandonaban o Salón do concello.