24 e 25 de xuño: xuízo en Madrid contra 4 independentistas por "pertenza a banda armada"


24 e 25 de xuño: xuízo en Madrid contra 4 independentistas por "pertenza a banda armada"

A Audiencia Nacional sentará no banco [email protected] [email protected] a María Osorio, Antom Santos, Eduardo Vigo e Roberto R. Fialhega após [email protected] ano e medio en prisión sen estaren [email protected], en aplicación da lei antiterrorista. Enfróntanse a 64 anos de cárcere

 


Após ano e medio en prisión preventiva, [email protected] á dispersión ao lles teren aplicado a lexislación antiterrorista, a Audiencia nacional española fixou para os días 24 e 25 de xuño o xuízo contra @s [email protected] independentistas María Osorio, Antom Santos, Eduardo Vigo e Roberto R. Fialhega 'Teto'.

Para @s catro mantén por vez primeira a imputación de "pertenza a banda armada", cargo que até o de agora non pasara nunca da fase de instrución. No concreto, a Fiscalía, que chamará a declarar, en calidade de peritos, máis dunha vintena de funcionarios da policía española, reclama 20 anos de prisión para R. Fialhega e Vigo Domínguez: 8 por "tenza de explosivos con finalidade terrorista", 9 por "pertenza a banda armada" e 3 por "falsificación de documentos con finalidade terrorista". A petición de pena para Osorio Lopes e Santos Peres é de 12 anos, polos mesmos delitos agás a "tenza de explosivos".

Hai na Galiza unha "organización terrorista"?

Para contrarrestar as probas que achegue a acusación, a defensa achegará como testemuñas os voceiros dos catro grupos parlamentares: BNG, AGE, PSdG e PPdG. "Fundamentalmente o PP e o PSOE como afectados por accións de violencia política, para que expliquen cal é realmente a alarma social que dela se xera", explica o avogado da defensa, Borxa Colmenero.

Canda eles comparecerán tamén como peritos o profesor da Universidade autónoma de Madrid Carlos Taibo, especialista en dereito internacional e movementos de liberación nacional; e o historiador Bernardo Maiz, que tratarán de evidenciar como "nin o independentismo nin o nacionalismo estiveron ligados nunca á violencia política nin á tentativa de subvertir a orde constitucional", subliña Colmenero. Aliás, está tamén chamado a declarar o delegado do Goberno español na Galiza, Samuel Juárez, ao ser, canda os voceiros parlamentarios, as máximas autoridades políticas, pois o presidente da Xunta non estaría obrigado a comparecer aínda que o citasen, dada a súa condición de ser aforado. 

Para alén das anteriores declaracións, o director do CIS —Centro de investigacións sociolóxicas— explicará por que, se o terrorismo é unha alarma na Galiza, este órgano que lle toma o pulso á opinión pública non preguntou nunca nin por esta cuestión referida ao noso País nin pola organización que o ministro de Interior e a policía española vinculan co seu exercicio e batizada como Resistencia Galega. 

Antom Lopes, militante da AMI —Assembleia da mocidade independentista— e integrante da AMAL —Agrupaçom de montanha augas limpas- subirá tamén ao estrado chamado pola defensa [email protected] catro independentistas. Ambas as dúas organizacións, política unha e deportiva a outra, teñen sido sinaladas por Interior como parte do organigrama de RG. Por derradeiro, o dirixente de Nós-UP, Mauricio Castro, prestará declaración a respeito da asembleia que o independentismo galego realizou en 2005, onde goberno e policía sitúan a orixe de Resistencia Galega. 

Realización de asembleias informacivas en toda Galiza

O organismo antirrepresivo Ceivar convocou asembleias informativas en varios pontos do País para dar conta da situación en que se atopan @s catro independentistas e as consecuencias que podería carrexar este xulgamento: "a criminalización e ilegalización do independentismo galego". Xa se realizaron as xuntanzas en Lugo, Ourense e Compostela, mais quedan aínda outras tantas. Serán en Vigo (cuarta feira, 29, ás 20h no centro social A revolta), en Foz (sexta feira, 31, ás 20.30h no salón de actos do Cenima) e Ferrol (sábado, 1 de xuño, ás 12h cunha sesión vermute no Chimarrao).